A obra 'Pinocús' chega ao teatro Pastor Díaz de Viveiro

TerraChaXa | AMariñaXa
A obra 'Pinocús' chega ao teatro Pastor Díaz de Viveiro
programa_tz.cdr
1 Dec 2020

Pinocús Teatro presenta no Pastor Díaz de Viveiro os Serans teatrais, que darán comezo o sábado 5 de decembro.

A obra, Pinocús, poderase desfrutar ás 18.00 horas con entrada de balde, pero reservando no teléfono 982 560 162 ou rbg.cultura@viveiro.es.

Esta representación trata sobre un día calquera na estación de tren de Aquimesmo. Unha billeteira que ven e que vai. Un viaxeiro decidido a deixalo todo para chegar ao seu novo lugar de traballo. As indecisións dun viaxeiro que non sabe moi ben a onde ir. As estratexias dunha viaxeira que quere ser a única que colla o tren. O humor e a música xúntanse na escena para xogar unha espera de absurdos encontros e desencontros. Todo isto para chegar a ese lugar ao que todos queren ir, pero moi pouca xente se atreve, chamado PÍNCONÚS.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16964101791382