A obra 'Nove Lúas', do alfocego Lionel Rexes, premiada na oitava edición do Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta

AMariñaXa
O alfocego, Lionel Rexes, publica unha nova novela. A montaña do poeta, foi galardoada no Grove co premio Lueiro Rey de Novela
lionel rexes alfoz
1 Nov 2023

A obra 'Nove Lúas', do alfocego Lionel Rexes Martínez, foi premiada na oitava edición do Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta.

O xurado destacou a estrutura narrativa creada ao redor dos personaxes e de como deben afrontar as opcións vitais e laborais en contextos de gran dificultade.

A sesión celebrouse no Pazo de San Roque e o xurado estivo integrado polos membros da Fundación Xosé Neira Vilas, Juan Andrés Fernández e Rosalía Morlán, así como polo crítico literario e profesor universitario Armando Requeixo.

O galardón, dotado con 1.000 euros e a publicación do traballo en Edicións Embora, entregarase o venres 3 de novembro nun acto público na Casa do Romano, sede da Fundación Xosé Neira Vilas en Vila de Cruces, coincidindo coa conmemoración do Día da Lectura.

O autor alfocego gañou diferentes premios literarios coa novela 'A raíña das velutinas' e 'A montaña do poeta'.

0.19558691978455