A obra gañadora do II Certame Manuel María, A lúa vai encuberta, chega a Foz
A obra gañadora do II Certame Manuel María de Proxectos Teatrais, A lúa vai encuberta, chega á sala Bahía de Foz o mércores 22 ás 20.30 horas, a primeira na comarca da Mariña desta montaxe das compañías Incendiaria e A Quinta do Cuadrante, que está a percorrer Galicia cunha boa acollida por parte do público.
A produción, dirixida por Tito Asorey, leva a escena a obra dramática de Manuel María, “A lúa vai encoberta”, editada en 1992, que repasa os acontecementos que marcaron a historia de Galiza no século XX. A montaxe de Incendiaria e A Quinta do Cuadrante parte dese texto, e da mirada coa que Manuel María selecciona e ordena as pasaxes, e dialoga coa posición política do autor para trasladar á sociedade un debate necesario sobre a nosa historia contemporánea.
Coa programación de funcións en diferentes localidades, a Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora co Certame de Proxectos Teatrais, unha convocatoria bianual da Casa Museo Manuel María. Nas últimas semanas, a obra puido verse en Sarria, Chantada e Lugo.