A obra de teatro familiar A Caixa sen Pandora chega ao Valadouro
O salón de actos da Casa da Cultura do Concello do Valadouro acolle o sábado 2 de outbo ñas 19.00 horas a obra de teatro familiar A Caixa sen Pandora.
É unha historia protagonizada por Montse Piñón e Pepablo Patinho que nos lanza unha pregunta... Que pasaría se Pandora non chegase a abrir caixa? Esta obra relaciona a lenda de Pandora coa loita pola igualdade. Trátase dun repaso divertido das distintas mulleres universais en xeral, e Galegas en concreto, que decidiron romper ca norma establecida e abrir a súa propia caixa iniciando un movimento imparable pola igualdade. Despois de todo... quereremos nós abrir a nosa propia caixa?”
Esta representación chega da man do grupo Teatro Ghazafelhos grazas ó programa Ler conta Moito da Rede de Bibliotecas en colaboración coa concellería de cultura do concello do Valadouro.