A obra 'Cinco minutos sen respirar' de Ítaca teatro chega a Viveiro
Cinco minutos sen respirar chega ao Teatro Pastor Díaz de Viveiro este sábado 5 de outubro a patrir das 20.30 horas. A entrada será de balde ata completar o aforo, polo que non é necesario facer reserva de entradas A montaxe é unha proposta baseada no traballo de interpretación e cunha dirección escénica que incide nos delirios e nas dualidades propias do mundo de hoxe.
Retrata os anhelos, o medo e a escuridade que pode albergar unha persoa a través de dous personaxes: Margarita, unha (ex)empregada de banca, e Víctor, supervisor nun supermercado. Protagonizada por Carlos Rebolo e Elea López e dirixida por Carlos Neira, é unha proposta baseada no traballo de interpretación e cunha dirección escénica que incide nos delirios e nas dualidades propias do mundo de hoxe. Fala das segundas oportunidades, a procura do amor a través da solidariedade e o rol liberador da literatura fronte ao abuso. En escena dous personaxes que buscan algo de poesía que dea dignidade ás súas vidas, Margarita, unha ex-empregada de banca, e Víctor, supervisor nun supermercado, interpretados por Elea López e Carlos Rebolo.