A nutrición e os hábitos saudables protagonizan unha xornada en Burela

AMariñaXa
O Concello de Burela e a Deputación de Lugo organizan dúas novas charlas no marco do programa Xunt@s da institución provincial.
10 Abr 2024

O Concello de Burela e a Deputación de Lugo organizan dúas novas charlas no marco do programa Xunt@s da institución provincial. Este mércores 10 de abril, ás 17.00 horas no salón de conferencias de Burela, haberá unha xornada sobre nutrición e hábitos saudables

O xoves a partir das 18.00, tamén no salón de conferencias, terá lugar a xornada sobre envellecer de forma activa. O programa Xunt@s da Deputación pretende impulsar a participación cidadá e o asociacionismo na provincia.

0.13960289955139