A novena edición da Ruta Ecuestre de Equus Norte da Pontenova xa ten data
A 9ª Ruta Ecuestre organizada por Equus Norte celebrarase o vindeiro 12 de abril. O programa aínda non está publicado pero seguramente sexa como o de outras edicións anteriores. Trátase duna proposta que, convocatoria a convocatoria, xa se foi consolidando no calendario do municipio,
O colectivo adoita deixarse ver cos seus equinos por diante da Praza dos Fornos para percorrer con eles lugares próximos ao río e paisaxes naturais polas parroquias e rutas da localidade. Así mesmo participan en rutas noutros concellos e toman parte noutras xuntanzas. Ademais, a asociación ecuestre, consciente do forte tirón dos eventos cabalares, foi a encargada tamén de poñer en marcha no mes de xullo a primeira rapa das bestas na Pontenova, coa colaboración do Concello, da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e de Puraga.
Con esta iniciativa, cuxa idea se remonta ao ano 2023, amósase non só o arraigo cultural e a tradición, senón que tamén serve para concienciar sobre o respecto cara ós animais, poñer en valor o cabalo de monte e a actividade gandeira. Segundo trasladaro, o obxectivo tamén é apostar por esta proposta coa que pretenden dinamizar a oferta de actividades no concello.