A nova zona deportiva de Trabada xa conta cunha tirolina
A nova zona deportiva de Trabada xa conta cunha tirolina. Así os pequenos poderán desfrutar dun novo e divertido xogo.
Mara, a primeira nena en estrenala, foi quen lles fixo a proposta que dende o Goberno municipal atenderon e foi ela misma a primeira nena do colexio en probala.
"Agardamos que as familias disfruten moito nesta zona que pouco a pouco sumará máis dotacións, xunto á parcela de o lado que recentemente desbrozou o persoal do obradoiro do Concello e que tan ben quedou", din dende o Concello.
Así mesmo, Mara aproveito para pedor a colaboración co colexio para que a fonte que hai no patio soamente bote auga cando se utilice.
A pista multideporte está no CEIP Plurilingüe Celso Currás, e permite a práctica de varias modalidades deportivas no mesmo espazo, unha zona multixogo e polifuncional para nenos e nenas de todas as idades. Conta cun peche perimetral e un equipamento cos máis altos estándares de seguridade e calidade.