A nova parada de autobús en San Cosme mellora a seguridade e accesibilidade

AMariñaXa
O Concello logra o traslado da parada no sentido Ribadeo-Viveiro fronte á farmacia da localidade
parada-autobus-san-cosme-Barreiros
22 Apr 2025

Desde este 21 de abril de 2025, a parada de autobús de San Cosme no sentido Ribadeo-Viveiro cambia oficialmente de localización, pasando a situarse diante da farmacia da vila. A medida foi aprobada tras a solicitude realizada polo Concello, que levaba tempo demandando unha solución máis segura e accesible para os usuarios do servizo.

A anterior parada, situada directamente no carril de circulación da estrada, presentaba serias deficiencias tanto en termos de seguridade viaria como de accesibilidade peonil. A presenza dunha marquesiña sobre a beirarrúa dificultaba o paso dos viandantes e obrigaba os autobuses a deter o tráfico para realizar as paradas.

A nova localización, fronte á farmacia, conta cunha marquesiña adecuada e permite unha mellor organización do tráfico e maior comodidade para os usuarios, reducindo riscos e facilitando o acceso ao transporte público.

Desde o Concello agradecen a colaboración da administración competente e lembran que esta actuación responde a unha demanda veciñal coa que se busca mellorar o día a día da cidadanía.

⚙ Configurar cookies
0.1505880355835