Listo o programa da Feira do Trece 2023 de Alfoz
A Asociación de Veciños de San Sebastián de Carballido, no Concello de Alfoz, celebrará o vindeiro sábado 17 de xuño no Lugar do Trece esta tradicional feira onde os asistentes poden adquirir produtos da zona ademais de obxectos de artesanía, gozar coa sesión vermú, xantar un menú típico e deleitarse cun desfile de zocas.
A feira dará comezo coa apertura da feira de gando, maquinaria, artesanía, e produtos da zona. Acto seguido, ás 12.30 horas haberá unha batukada coa comparsa Os Fandangueiros, e xa ás 13.30 horas será a sesión vermú co Dúo Belinda e Conxuro Discomóbil. A continuación será o xantar cun mení típico.
Pola tarde haberá a entrega de premios da feira así como un sorteo de agasallos. Os trofeos para o concurso de gando son de para o lote máis numeroso de gando e cabalar, o mellor cabalo ou besta de montura, o mellor cabalo ou besta de tiro e a mellor vaca.
Ás 19.00 comezará un espectáculo de Duende Ecuestre, coa campiona de exhibición no campionato do mundo do cabalo pre sicab 2021, Sandra Borjas.
Xa pola noite será a cea e a verbena de novo con Dúo Belinda e Conxuro Discomóbil.