A comisaría da Policía Local de Ribadeo trasládase á antiga Casa de Teléfonos

AMariñaXa
O Concello adquire o espazo como ben público aínda que “este edificio tiña que estar entregado xa no 2021 e estamos no 2024”, asegura o alcalde, Dani Vega
-antiga-Casa-de-Teléfonos
Antiga Casa de Teléfonos
23 Maio 2024

O inmoble da antiga Casa de Teléfonos xa é propiedade do Concello de Ribadeo e destinarase á nova comisaría da Policía Local. O Concello adquire o espazo como  ben público aínda que “este edificio tiña que estar entregado xa no 2021 e estamos no 2024”, asegura o alcalde, Dani Vega.

Asegura que cando chegaron ao Goberno, “a situación estaba paralizada, non había nin obras, é dicir non se estaba concretando o acordado. Era a permuta que tiña acordada o antigo goberno e dende logo nosoutros cremos que foi moi escasa, pero iso foi un proceso de negociación que nada tivo que ver con nós e o que temos facer é que se concrete, cumprir o firmado”.

O rexedor municipal sinalou que a empresa tiña debía entregar un edificio rehabilitado no 202, “pero as obras non existían e tivemos que falar con eles e apuralos para que se concretaran”. Agora o edificio está nos bens inventariados do Concello, “polo tanto é un edificio de todos e hai que darlle un uso. Nisto tamén pensamos, había distintas posibilidades, pero nós queremos ordenar un sistema administrativo de servizo público con todo no entorno do Concello e do Xulgado de Paz”.

A instalación albergará a comisaria “pensando nos propios axentes, que nestes momentos máis ben están en mazmorras que nun edificio digno”. E tamén hai que pensar que as actuais dependencias “non cumpren as medidas de accesibilidade polo que unha persoa que ten unha certa discapacidade non pode entrar a facer calquera tipo de trámite na Policía. Polo tanto todo parece indicar que este edificio é o máis conveniente”.

Vega manifestou ademais que o acordado dentro da permuta xa se fixo, polo que lles parece “escaso” este acordo “porque nos deixa un edificio rehabilitado, si, pero baleiro por completo”. Agora deben darlle contido e polo tanto “se queremos facer unha comisaría temos que xestionar o orzamento. En primeiro lugar vamos a redactar un proxecto e a partir de aí xestionar orzamento para que se leve a cabo”.

 

0.18860793113708