A nena que vivía nunha caixa de mistos, poderase desfrutar en Burela

AMariñaXa
O sábado 5 de marzo ás 18:00 horas será representada na casa da cultura de Burela A nena que vivía nunha caixa de mistos
burela a nena que vivia nunha caixa de mistos 1
15 Feb 2022

O sábado 5 de marzo ás 18:00 horas será representada na casa da cultura de Burela A nena que vivía nunha caixa de mistos, a nova proposta de Caramuxo Teatro inspirada no conto A vendedora de mistos de Hans Cristian Andersen. Trátase da terceira parte da triloxía sobre contos populares que comezou con As fabas máxicas continuou con Feo (Premio María Casares a mellor espectáculo infantil) e rematará con este espectáculo.

Unha peza cunha coidada posta en escena e cunha linguaxe contemporánea, utilizando como temática a pobreza infantil.

Unha nena camiña pola rúa dun lugar a outro coa súa caixiña de mistos, a casa onde pasa a noite. Pola mañá sae pola vila para vender mistos a quen os necesite, no día a día coñece unha morea de personaxes e dous pequenos amigos, un vello can e un paxariño.

0.17225313186646