A música de Ó Compás do Río Ouro encherá de vida a Praza Santa María

AMariñaXa
O coro e a banda da escola ofrecerán un concerto o 22 de agosto ás 20:00 horas en O Valadouro
compas-do-rio-ouro-1-aula
18 Aug 2025

A Asociación Cultural e Xuvenil Ó Compás do Río Ouro, creada este ano para dar continuidade á formación musical da infancia e mocidade do Valadouro e Alfoz, organiza o seu primeiro gran concerto público. A cita terá lugar o vindeiro venres 22 de agosto, ás 20:00 horas, na Praza Santa María, en pleno corazón do Valadouro.

O evento reunirá ao coro e á banda da escola de música, dúas das seccións que máis crecemento experimentaron nos últimos meses grazas ao entusiasmo das familias e ao traballo dun equipo de cinco docentes especializados. “Os nenos, as súas ganas de aprender e de facer música en grupo foron a verdadeira chispa que puxo en marcha este proxecto”, explica Helena Cornide Pumares, presidenta da asociación.

Ademais do apoio das familias, o proxecto recibiu o respaldo do Concello do Valadouro, que cedeu espazos para as clases e colabora activamente na organización. As instalacións actuais, situadas na antiga escola de agricultura, trasladaranse proximamente ao vello matadoiro municipal, que está a ser acondicionado como futura sede da escola.

Cornide asegura que a intención da asociación é seguir medrando e abrirse a novos proxectos culturais: “Queremos que a música sexa unha ferramenta de convivencia e de felicidade compartida”. Con este concerto na Praza Santa María, a escola de música pretende dar un paso máis e convidar á veciñanza a sumarse a unha experiencia que, en pouco tempo, xa deixou fonda pegada na comarca.

Asociacion-o-COMPaS-DO-RiO-OURO
compas-do-rio-ouro-durante-mercado-primavera-valadouro-2025
⚙ Configurar cookies
0.16022801399231