A música das Efémeras chega á Mariña

AMariñaXa
A música das Efémeras chega á Mariña en dous concertos este domingo 11, no Lugar das Marías de Xove e no Prado de Piego de Lourenzá
efemeras concerto
9 Jul 2021

A música das Efémeras chega á Mariña lucense en dous concertos o domingo 11, o primeiro será na sesión vermú ás 13 horas no Lugar das Marías de Xove, e sesión de tarde, ás 18 horas, no Prado de Piego do Val de Lourenzá.

Para ambos concertos cómpre reserva previa, por mor da capacidade limitada que esixen as actuais circunstancias sanitarias. Haberá que chamar aos teléfonos 627 934 368 ou 658 792 310.

As Efémeras son un grupo musical que se xestou durante o confinamento, aínda que levaban anos tocando e compondo letras e músicas, o verán pasado deron o salto ao palco grande (como eles lle chaman) e, tras o éxito colleitado, decidiron gravar o disco que agora presentan.

O disco, co mesmo nome có grupo, presentouse o pasado mes de abril e, desde entón, As Efémeras non pararon de soar en directo e nas emisoras. A crítica destaca as súas letras, ecoloxistas e feministas, inspiradas nas músicas populares, galegas e de alén mar (xotas, muiñeiras, pasodobres, rancheiras), mais achegadas tamén ao rock ou o rap, e a enerxía dos directos, artellados arredor do insecto que lles dá nome.

efemeras concerto 1
0.12195205688477