A Mostra de Agricultura Ecolóxica ECO21 de Vegadeo volve esta fin de semana

AMariñaXa
A XVIII Mostra de Agricultura Ecolóxica e Desenvolvemento Sostible de Oscos-Eo, Vegadeo ECO21, celebrarase os días 3 e 4 de setembro
vegadeo eco 21 1
1 sep 2022

A XVIII Mostra de Agricultura Ecolóxica e Desenvolvemento Sostible de Oscos-Eo, Vegadeo ECO21, celebrarase os días 3 e 4 de setembro de 2022 no recinto feiral de Vegadeo.

O horario para visitar esta mostra será de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:30 horas. E contará con talleres e charalas sobre agricultura, mesas redondas e degustacións de comida ecolóxica.

Tamén haberá tempo para a diversión con música, batukada, e o XIII Campionato do mundo de Patefa, un deporte tradicional do municipio.

vegadeo eco 21
0.089693069458008