A mostra A Mariña Somerxida chega a Xove

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
13 sep 2019

A exposición A Mariña Somerxida vai estar aberta en Xove, na Sala Centro Cívico ata o 27 de setembro, en horario de 18.00 a 22.00 horas, de luns a domingo.

A mostra fotográfica, obra de Hugo Fernández e Carlos Gil é única na Mariña Lucense, está composta por cincuenta instantáneas orixinais dos fondos mariños da costa de Lugo.

É unha mostra dun patrimonio natural descoñecido pola maioría que pon en valor a biodiversidade somerxida.

O visitante poderá así coñecer a arte dos oficios mariñeiros e as diferentes formas de vida ligadas ao mar; a importancia dos  seus recursos e os incribles habitantes do mesmo.

Pretende ser un referente para a concienciación e divulgación mariña; xa que para poder conservar o patrimonio natural e as especies únicas que temos nas nosas augas, primeiro é necesario coñecer o que vive somerxido na Mariña.

0.21516895294189