A mocidade de Viveiro pode participar na elaboración dun mural
Viveiro acollerá a realización do mural Cando o río soa de Raúl de Carmen. A obra resultou gañadora do concurso de murais People and Planet, convocado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, e Viveiro foi o Concello elixido para a súa realización.
O artista solicita a colaboración da mocidade de entre 15 e 35 anos que queira participar nas sesións e aportar a súa visión. As mozas e mozos que teñan interese en participar poden inscribirse mandando un correo electrónico a xuventudeviveiro@gmail.com As persoas participantes inmortalizarán, xunto a Raúl de Carmen, o mural en Viveiro entre os días 9 e 15 de setembro, na fachada do Local de Ensaio ubicado na rúa das Lavandeiras. O concurso People and Planet do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade tivo como temática o Obxectivo de Desenvolvemento Sostible da ONU número 6: Auga Limpa e Saneamento.