A Mini Copa Endesa da comezo hoxe con representación lucense
Os mellores xogadores de categoría infantil da provincia de Lugo vivirán unha experiencia única para calquera amante do baloncesto viaxando a Valencia para desputar a fase previa da Mini Copa Endesa.
A Fundación Breogán representará ó C.B.Breogán nesta fase previa da considerada como unha das máis prestixiosas e mediáticas competicións de formación do baloncesto español onde unha selección de xogadores de toda a provincia de Lugo terá a oportunidade de participar e buscar un posto na fase final desta Mini Copa Endesa.
Unha experiencia que dará comezo hoxe co primeiro partido para os de Lugo ás 17.00 contra Basquet Manresa.
A competición continuará o mércores para os lucenses que disputarán outros dous encontros, o primeiro, ás 12.15 contra o Real Betis Baloncesto e o segundo ás 18.45 contra Carplus Fuenlabrada.
Marga Rodríguez do C.B. Val de Lemos e Diego Villadóniga do Estudiantes de Lugo serán os adestradores que acompañarán a estes catorce rapaces no viaxe a Valencia.