A mestra Lolita Barro, pregoeira en Xove nun salón de actos ateigado de xente

AMariñaXa
A súa presencia encheu totalmente o salón de actos cun pregón moi emotivo, cheo de vivencias e recordos
Lolita-Barro-pregon-xove
30 Ago 2024

Xove continúa coa celebración das súas patronais. Dentro deste programa, o salón de actos estivo ateigada para asistir ao pregoán a cargo de Lolita Barro que foi mestra na Escola Mixta de Veiga (parroquia de A Rigueira-Xove) entre 1970 e 1976 e tamén no Colexio Público de Xove dende o 1976 ata 1996 que se xubilou.

A súa presencia encheu totalmente o salón de actos cun pregón moi emotivo, cheo de vivencias e recordos. Este venres, a partir das 20.00 horas, haberá sardiñada popular amenizada pola charanga NBG e pola noite a verbena virá amenizada pola orquestra Solara e o grupo América. O programa continúa esta fin de semana para todos os veciños e asistentes que se queiran achegar ao municipio.

O sábado desfrutarán de pasacalles coa Banda Naval de Viveiro e os Cabezudos da Asociación Cultural Saíñas. A partir das 13.00 horas terá lugar a misa solemne cantada polo Coro de Cervo e procesión coa Banda Naval de Viveiro. A continuación, haberá sesión vermú coa orquestra Pontevedra. Xa ás 20.00 horas, no Pavillón de Deportes, actuarán a Asociación Cultural Saíñas e AC Os Trazantes de Tenorio. Pola noite, ademais dos fogos artificios, na verbena estarán as orquestras Pontevedra e Charlestón e a disco móbil Conxuro para rematar a festa.

O domingo 1 de setembro comeza con pasacalles coa Banda CC. TT. Nosa Señora de la Misericordia. Ás 13.00 horas terá lugar a misa solemne amenizada pola Orquestra Clásica de Xove e da Escola Municipal de Música de Xove e procesión coa Banda CC. TT. Nosa Señora de la Misericordia. A continuación é a quenda da sesión vermú coa orquestra Trebol e, xa pola noite, a verbena estará amenizada polas orquestras Trebol e Satélites. As festas rematan o luns 2 co Día da Infancia no que achegan inchables para os máis pequenos a partir das 17.00 horas na praza do Concello.

0.16455507278442