A Meleda de Xove organiza unha nova edición da Feira Nacional de Gando Cabalar
Unha nova edición da Feira Nacional de Gando Cabalar terá lugar en Lago, en Xove. A cita, organizada pola asociación A Meleda coa colaboración do Concello, será o vindeiro domingo 19 de maio. Na feira, que chega a súa vixésimo sexta convocatoria, repartiranse varios premios. A apertura do recinto para a presentación dos participantes e as medicións dos cabalos será de 09.30 a 10.45 horas, e xa ás 11.00 horas, darán comezo as probas de serrada -1.5 metros e, ás 12.30 horas, a de chapeado -1.5 metros.
Xa pola tarde, a partir das 16.00 horas, continuarán co xogo de barrís e as probas de serrada +1.5 metros, ás 16.30 horas, chapeada +1.5 metros, ás 18.00 horas, galope cruzados +1.5 metros, ás 19.00 horas, e galope +1.5 metros, ás 19.30 horas. A entrega de premios terá lugar ás 20.00 horas.