A Mariña vibra coas festas esta fin de semana
A comarca da Mariña concentra esta fin de semana unha boa parte das festas máis tradicionais do verán no que os turistas e visitantes ás diferentes vilas poderán desfrutar delas.
Así, derán comezo onte as Festas do Carme de Foz co pregrón de Narciso Rodríguez Méndez Siso. Estas festas volven cunha programación completa, na que haberá verbenas que comezarán as actuacións ás 22:30 horas na explanada portuaria. Confeccionaranse as alfombras na madrugada do 15 ao 16 para que a procesión da Virxe recorra unha vila engalanada. E o domingo 17 haberá os xogos infantís no polideportivo do Campo da Cabana e o XXI Festival Aires do Masma, organizado pola Asociación Folclórica e Cultural A Subela na praza Conde de Fontao.
Por outra banda, Alfoz celebra tamén o seu XXII Mercado Medieval no que os actos comezarán hoxe ás 20.00 horas coa inauguración no exterior do Castelo de Castrodouro e co pregón a cargo de Pedro Reimunde Figueira.
Durante o venres e todo o sábado poderase gozar de espectáculos de bufóns, música en vivo, circo, romanceros, garda medieval, entrega de medallas, acrobacias e espectáculos de lume, exposicións de armas de asedio e cirurxía antiga nas salas do castelo, taller de carpintería e taller de destilería, zona infantil con xogos e paseos dacabalo, gastronomía, postos de artesanía e diversos produtos, etc.
Na xornada do sábado 16 chega a XXIII Festa da Merluza do Pincho de Celeiro, unha cita imprescindible na época estival. A partir das 21.00 horas fronte á pisicina municipal de Viveiro terá lugar esta festa gastronómica na que todos os asistentes poderán degustar a prezos populares esta deliciosa merluza elaborada de formas diferentes.