A Mariña sen plástico organiza unha limpeza na praia de Arealonga do Vicedo

AMariñaXa
A asociación A Mariña sen plástico, organiza para o domingo 9 de maio unha limpeza na praia de Arealonga no Vicedo.
limpeza praia vicedo arealonga
5 Maio 2021

A asociación A Mariña sen plástico, organiza para o domingo 9 de maio unha limpeza na praia de Arealonga no Vicedo.

Aconsellan levar luvas de traballo, calzado apropiado e moitas ganas porque van facer un bo labor nesta praia.

Para participar haberá que anotarse no formulario, así poderán saber a cantidade de xente que participará e ademais ter os datos de contacto por se houbera calquera problema. Tamén collerán os datos in situ.

A limpeza comeza ás 11:00 pero recomendan estar 15 minutos antes.

0.093327045440674