A Mariña segue vencendo á covid

A provincia pecha a fin de semana con todos os valores sobre a presenza da covid en descenso agás o número de falecidos, que foi de tres persoas.
Así, este luns os casos activos sitúanse en 1.171, que son 65 menos que onte. Na xornada anterior o descenso foi de 146.
Rexistráronse nas últimas 24 horas 35 casos novos (onte foron 49). Ademais, as altas chegaron ás 9.943, 100 en 24 horas, o día anterior foron 195.
Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 11.311 casos rexistrados e 191 persoas falecidas, atres máis que onte, as tres no Hula, dous homes de 81 e 51 anos e unha muller de 84.
A presión hospitalaria segue sendo alta. Nas UCI hai 26 ingresados, todos no Hula. Hospitalizados en planta hai 61 persoas (1 menos), 38 no hospital de Lugo (1 máis), 9 na Mariña e 13 en Monforte. Tamén hai unha persoa ingresada no Polusa de Lugo.
POR COMARCAS
A Mariña
Viveiro continúa reducindo a incidencia, xa con 3o casos, ao igual que Burela, no resto normalidade.
- Viveiro reduce 6 casos e son xa 30.
 - Burela baixa dous máis e queda en 11.
 - Barreiros non teñen casos novos nos últimos 15 días.
 
Terra Chá
Mentres o resto da comarca segue en valores baixos, Vilalba descende pouco a pouco mentres Guitiriz segue sumando casos tralo resultado dos cribados, nos que foi detectada a cepa británica, altamente contaxiosa.
- Vilalba continúa á baixa con 83 casos, 11 menos.
 - Nova subida para Guitiriz, xa son 113, 12 máis que onte
 - Cospeito baixa 2 casos ata 14.
 - Outeiro de Rei reduce 3 para quedar en 10.
 - Castro de Rei baixa 2 a 15.
 - Pol e Muras está sen casos novos nos últimos quince días.
 - No veciño Concello das Pontes reduce 8 casos e queda en 37.
 
Centro da provincia
Tendencia á baixa na comarca con descenso importante en Lugo e co Corgo con 22 casos, produto duha subida de onte.
- Lugo volve á baixa con 17 casos menos ata 286.
 - Palas de Rei mantense en 15.
 - Portomarín está xa por debaixo de 10.
 - Guntín mantén 10 casos.
 - Castroverde conserva os 13 de onte.
 - O Corgo suma dous máis e xa son 24.
 - A zona da Montaña continúa con varios concellos sen casos nos últimos días como Negueira de Muñiz, Folgoso do Courel, Navia e Ribeira de Piquín. Tamén Antas de Ulla está nesta situación.
 
Comarca de Sarria
A comarca rompe a tendencia á baixa e suma dous casos.
- Sarria suma un caso e son 33.
 - Láncara suma 1 para chegar a 14.
 
Ribeira Sacra
Estabilidade na comarca con tendencia á baixa en todos, especialmente en Monforte.
- A vila de Monforte contabiliza hoxe 111 casos, 15 menos.
 - Quiroga segue en descenso con rebaixa a 13 1 menos.
 - Taboada queda en 14.
 - O Saviñao rebaixa novamente para chegar a 13 contaxios, 2 menos.
 - Pantón rebaixa 3 e queda en 11.
 - Pobra do Brollón certifica os mesmos 13 de onte.
 - Sober mantén os 20 de onte.