A Mariña lévase a totalidade dos premios do certame infantil do Belén de Begonte

TerraChaXa | AMariñaXa
O xurado do XLVI Certame de debuxo infantil sobre o Nadal do centro cultural José Domínguez Guizán de Begonte, fixo públicos os gañadores.
belen de begonte xunta
18 Xan 2022

O xurado da XLVI edición do Certame de debuxo infantil sobre o Nadal convocado polo centro cultural José Domínguez Guizán de Begonte, fixo público o listado de gañadores.

Dividido en dúas categorías, establecéronse varios primeiros e segundos premios. No grupo dos máis pequenos, ata dez anos, os primeiros premios foron para Lía Longarela Arias, de 9 anos e do CEIP O Cantel de Foz; Gael Santos Currás, de 6 anos e do CEIP n.º 1 Foz, e Isabela Rouco Otero (6 anos e do CEIP n.º 1 Foz).

Os segundos premios foron para Amine El Akraoui, de 9 anos e do CEIP O Cantel (Foz); Kenia Lousas da Costa, de 6 anos e do CEIP n.º 1 Foz; Marco Doce Moirón, con 7 anos (CEIP n.º 1 Foz); Lucía Río Diaz, de 9 anos (CEIP O Cantel), e Manuel Marqués Fernández, con 7 anos. (CEIP n.º 1 Foz).

Na categoría de rapaces entre 11 e 15 anos, os primeiros premios recaeron en Miguel Fra Baltar (14 anos. IES Illa de Sarón, Xove); Daniel Ramos González (15 anos. IES Vilar Ponte, Viveiro) e Alba Torres López (13 anos. IES Vilar Ponte, Viveiro).

Nesta categorías os segundos premios foron para Jimena Fernández-Reinante Pérez (13 anos. IES Dionisio Gamallo Fierros de Ribadeo); Emily Sofía Arenas Castañeda (13 anos. IES Vilar Ponte de Viveiro); Eva Deán Durán (12 anos. IES Illa de Sarón, Xove); David Salgueiro Varela (13 anos. IES Vilar Ponte) e Alba Rodríguez  Bermejo (13 anos. IES Illa de Sarón, Xove).

Os primeiros premios están dotados con 60 euros e trofeo, e os segundos, con 30 euros e trofeo. Estes serán entregados no decurso do acto de clausura do Nadal de Begonte.

0.06731390953064