A Mariña enchéuse de vida con rutas e obradoiros que convidan a descubrir o territorio dende dentro

AMariñaXa
O xeodestino presenta “Plans con corazón” e “Obradoiros con corazón”, dúas iniciativas que combinan natureza, patrimonio e artesanía para reforzar o turismo sostible e todo o ano
Mancomunidade-Marina-plans-corazon-2025
13 Aug 2025

O xeodestino A Mariña Lucense pon en marcha dúas propostas que chegan para conquistar visitantes e veciñanza: Plans con corazón e Obradoiros con corazón. A primeira ofrecerá 16 rutas guiadas por todos os concellos mariñáns, permitindo coñecer de preto o patrimonio cultural, natural e etnográfico da comarca. Desenvolverase principalmente durante as fins de semana, entre o 5 de setembro e o 12 de outubro.

A segunda iniciativa, Obradoiros con corazón, levarase a cabo do 25 ao 30 de agosto e permitirá participar en pequenos grupos en experiencias artesás como cerámica, estampación, talla, traballo en coiro ou la, entre outras disciplinas.

A presentación oficial tivo lugar en Trabada coa presenza da xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo, Paloma Vázquez, quen destacou que estas actividades forman parte da aposta da Xunta pola diversificación e desestacionalización do turismo, en colaboración co Plan de Sostibilidade Turística da Mariña, que conta cun investimento dun millón de euros.

Plans con corazón – 16 rutas guiadas

  1. Galdo (Viveiro): Venres, 5 de setembro – Historia do antigo concello e Panadería de Forno de Leña

  2. O Cadramón (O Valadouro): Sábado, 6 de setembro – Relación do ser humano co territorio

  3. Mondoñedo: Domingo, 7 de setembro – Ruta da auga e visita a explotación de porco celta

  4. Alfoz: Venres, 12 de setembro – Ruta á beira do río Ouro e cerimonia do caldeiro máxico

  5. Xove: Sábado, 13 de setembro – Penas Agudas, paisaxe e natureza insólitas

  6. A Pontenova: Domingo, 14 de setembro – Ruta da Seimeira

  7. Cervo: Luns, 15 de setembro – Historia da fábrica de siderurxia e louza, marmeladas

  8. Trabada: Venres, 19 de setembro – Paisaxes de montaña, etnografía e patrimonio

  9. Ribadeo: Sábado, 20 de setembro – Xeoruta dos Ollos, xeoloxía da paisaxe

  10. Foz: Domingo, 21 de setembro – Avistamento de aves mariñas en barco

  11. Lourenzá: Venres, 26 de setembro – Paseo fluvial, historia e gastronomía local

  12. Ourol: Domingo, 28 de setembro – Montes de Ourol, flora, fauna e prehistoria

  13. Riotorto: Sábado, 4 de outubro – Historia, sabores e patrimonio local

  14. Barreiros: Domingo, 5 de outubro – Patrimonio e lendas das augas santas

  15. O Vicedo: Sábado, 11 de outubro – Cabanas convertidas en teatros

  16. Burela: Domingo, 12 de outubro – Historia da pesca e cultura mariñeira

Obradoiros con corazón – 9 obradoiros artesanais

  • Luns, 25 agosto (16:30 h) – Raíces Nómadas, Ribadeo: Chaveiro da porta norte

  • Martes, 26 agosto (17:00 h) – Artesanía do Pasatempo, Mondoñedo: Kintsugi, a arte do renacemento

  • Mércores, 27 agosto (10:30 h) – Miratú, Mondoñedo: Da ovella á madeixa

  • Mércores, 27 agosto (17:00 h) – Esquina Atlántica, Mondoñedo: Rakú, rituais de lume

  • Xoves, 28 agosto (10:30 h) – Otero Regal, Viveiro: Elaborando a túa propia peza

  • Venres, 29 agosto (11:00 h) – O Fantástico Taller dos Títeres, Mondoñedo: Escénica & Plástica

  • Venres, 29 agosto (17:00 h) – Cerámica Lucía Catuxo, Trabada: Coas mans no barro

  • Sábado, 30 agosto (10:30 h) – Madeira a man, Ourol: Descubrir os encaixes da madeira

  • Sábado, 30 agosto (17:00 h) – Estudo Estampa, Mondoñedo: Estampaxe e serigrafía

⚙ Configurar cookies
0.18526601791382