A Mariña Cogami impartiu charla de sensibilización sobre discapacidade a alumnado

AMariñaXa
A Mariña COGAMI imparte charla de sensibilización sobre discapacidade a alumnado do centro escolar Landro de Viveiro
cogami sensibiliza discapacidade colexio Landro Viveiro
2 May 2022

25 escolares de 6º curso de Primaria participaron na xornada de sensibilización que contou cunha charla informativa, a proxección dun vídeo e a experiencia dunha persoa con lesión medular. 

A asociación A Mariña Cogami está a levar a cabo unha campaña de sensibilización e prevención de lesión medular que realizou no colexio CPR Landro de Viveiro, na que participaron un total de 25 alumnas e alumnos de 6º de Primaria. 

Esta campaña sensibiliza sobre as causas e consecuencias dos accidentes medulares para concienciar sobre a importancia de evitar situacións de risco tanto en estradas como en praias e piscinas, principais focos de sinistralidade entre a mocidade. 

Esta sesión informativa contou coa participación da traballadora social da entidade A Mariña Cogami , Patricia Vidal, quen estivo acompañada por Alejandro González, un voluntario da asociación que leva moitos anos colaborando neste programa contando a súa historia persoal. 

Dende A Mariña Cogami agradecen a implicación e colaboración da comunidade escolar na difusión desta campaña que intenta crear conciencia entre a xente nova e apostar por unha educación en valores e inclusiva.  

Esta é a terceira charla de sensibilización realizada durante este ano na zona da Mariña. As outras dúas anteriores foron en CIFP Porta da Auga de Ribadeo.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17656803131104