A Mancomunidade pon en marcha a segunda edición do curso de comunicación dixital

TerraChaXa | AMariñaXa
Desde a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, poñen en marcha a segunda edición do curso Comunicación dixital
unnamed
5 Dec 2020

Desde a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, poñen en marcha a segunda edición do curso Comunicación dixital, marketing e novas tecnoloxías para a promoción de destinos e empresas turísticas na era covid-19.

Este curso será os días 14, 15 e 16 de decembro en horario de 16.30 a 21.30 horas no salón de actos do centro cívico de Xove e é un curso de carácter gratuíto

Está destinado a persoal técnico dos concellos nas áreas de turismo, así como pequenas e medianas empresas do sector aloxamento, restauración, actividades turísticas, guías, etc.

Logo da formación, os participantes contarán con varias xornadas de asesoramento durante tres meses, para poder poñer en práctica todo o aprendido durante o curso, nos seus propios concellos ou empresas.

Estará impartido por Cristina Collazo Piña, especialista en marketing online e comunicación para o sector turístico e cultural, con máis de 15 anos de experiencia en marketing e comunicación turística e directora dunha empresa de turismo activo de Galicia.

Para máis información.

unnamed
0.18526101112366