A Mancomunidade busca técnico de turismo para o Plan de Sostibilidade Turística

AMariñaXa
A CIG recorre por inconstitucionais as bases de selección depersoal temporal do Concello de Monterroso para unha praza na ocioteca
061023 Foto presidenta e vicepresidenta Mancomunidade
7 Dec 2023

A Mancomunidade ven de convocar o proceso selectivo para a contratación dun técnico/a de turismo de apoio como persoal laboral fixo-indefinido para a execución do Plan de Sostibilidade Turística na Mariña Lucense 2022-2024.

As persoas que desexen entrar a formar parte do proceso de selección poden encontrar toda a información, así como a documentación a presentar, no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica da Mancomunidade ou directamente desde o seguinte link: Proceso selectivo Técnico/a Turismo PST na Mariña Lucense 2022 - 2024

O prazo para a presentación de solicitudes (15 días naturais desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo) finaliza o día 18 de decembro (inclusive).

0.18836498260498