A malla dos Aturuxeiros de Bravos, en Ourol, inclúe unha ruta cabalar
AMariñaXa
A asociación cultural Os Aturuxeiros de Bravos, en Ourol, invitan a desfrutar da quinta edición da malla tradicional o vindeiro 19 de agosto.
14 Ago 2023
A asociación cultural Os Aturuxeiros de Bravos, en Ourol, invitan a desfrutar da quinta edición da malla tradicional o vindeiro 19 de agosto.
Ás 12.30 comezará a malla tradicional e a continuación haberá sesión vermú co grupo musical Espera que vou mexar, antes do xantar popular previsto para as 14.30 horas. O prezo do menú é de 12 euros par adultos e 8 para nenos e inclúe ensaladilla, carne asada, sobremesa e pan.
Xa á tarde haberá un contacontos a cargo de Carmen Penín . É convinte inscribirse ata o 17de agosto na ruta cabalar 605 088 719.