A ludoteca de Mondoñedo acollerá un campamento de Nadal

AMariñaXa
O Concello de Mondoñedo vén de informar que está aberto o prazo para anotar aos nenos e nenas de 3 a 12 anos no Campamento de Nadal
campamento de Nadal de Mondonedo
18 Dec 2023

A ludoteca de Mondoñedo acollerá un campamento de Nadal desde o 22 de decembro ata o 5 de xaneiro. Está dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos e teñen preferencia os empadroados en no concello de Mondoñedo.

O prazo de inscrición está aberto ata o 21 de decembro e os interesados en máis información e para presentar as solicitudes deben dirixirse aos Servizos Sociais do Concello ou ao teléfono 982 524 003 e extensión 8.

Esta actividade será cofinanciada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

0.15477204322815