A localidade de Ferrería celebrará as súas festas o 29
TerraChaXa | AMariñaXa
localidade riotortense de Ferrería festerxará a San Antonio cunha comida veciñal. As celebracións serán o 29 de outubro.
23 Out 2022
A localidade riotortense de Ferrería festerxará a San Antonio cunha comida veciñal. As celebracións serán o 29 de outubro e darán comezo cunha misa solemne ás 13.30 horas, á que seguirá unha procesión e a sesión vermú ao cargo do dúo Estrellas.
A comida constará de sopa de coido, postre, café e chupito a un prezo de 25 euros por persoa.
Pola tarde está prevista animación infantil para finalizar cun bingo ás 19.00 horas.
Non faltará pola noite a verbena con Dj Pedro Bermúdez e de novo o dúo Estrellas.