A limpeza na praia focega dos Alemáns recolleu 250 kg de lixo
O Concello de Foz vén de agradecer o interese dos participantes na XI simultanea de praias, organizada por Adega coa colaboración do Departamento de Medio Ambiente de Foz.
"Lamentablemente atopamos mais de 250 kg de lixo (aparellos de pesca, envases de todo tipo, pneumáticos...) na praia dos Alemans, que afortunadamente puideron ser retirados polas persoas participantes", dixeron os organizadores.
O obxectivo principal desta actividade e concienciar á sociedade da problemática dos residuos no medio mariño e da necesidade da reducción de plásticos e envases, movilizando a un gran número de persoas en toda Galicia nun mesmo día.
"Dende o Concello de Foz o noso agradecemento ás persoas voluntarias que este 15 de outubro adicaron a maña de sábado á protección destes ecosistemas tan valiosos como ameazados", remataron dicindo.