A Libraría Bahía de Foz acollerá un encontro coa tradutora Celia Recarey

Foz
AMariñaXa
Este venres, 27 de outubro, a tradutora Celia Recarey protagonizará un encontro ao carón dos libros na Libraría Bahía de Foz a partir das 20.
Libreria Bahía Foz
23 Out 2023

Este venres, 27 de outubro, a tradutora Celia Recarey protagonizará un encontro ao carón dos libros na Libraría Bahía de Foz a partir das 20.30 horas.

Durante esta iniciativa, a tradutora, pero tamén editora de Irmás Cartoné, falará das súas traducións ao galego de novelas de distintas tradicións literarias e de distintas épocas. Ademais, Irmás Cartoné conta entre as súas autoras con nomes como Virginia Wolf, Silvia Plath ou Margaret Atwood.

Así, as persoas participantes poderán falar con  Celia sobre a vida dunha pequena editorial, a tradución literaria nos tempos da intelixencia artificial, a selección de títulos a editar, e moitos outros temas interesantes para calquera que ame a literatura.

cartel celia recarey Bahía foz
0.18616914749146