A IX Foliada de Cervo encherá de música e artesanía a Praza do Souto

O próximo 3 de maio de 2025, a Praza do Souto en Cervo acollerá a IX edición da Foliada e Feira de Artesanía. Esta xornada festiva contará cun variado programa de actividades, entre as que destacan os tradicionais pasabares e a celebración da foliada, un evento de gran tradición na vila.
Esta cita está organizada por Fol do Raxal, ACR Fervenza de Sargadelos e Marmeladas A Morena, en colaboración co Concello de Cervo, a Deputación de Lugo.
As inscricións para participar na foliada e pasabares están abertas até o 25 de abril. As persoas interesadas poden acceder aos formularios de inscrición na ligazón. Para aqueles que desexen participar como artesáns na feira, a inscrición debe realizarse antes do 13 de abril, e poden facelo a través do seguinte enlace.
Tamén haberá tempo para aprender con Noemi Basanta, Marcos Botana e Oli Xiráldez. As inscricións deben facerse antes do 27 de abril en foliadadecervo@gmail.com .
A organización anima a veciños e visitantes a ser parte desta festa popular que celebra a cultura local e as tradicións da zona. Para máis información, poden contactar a través do correo electrónico: marmeladasamorena@gmail.com ou no teléfono 649 130 873.
No apartado musical, contarán coa actuación de A Requinta de Lampai, que serán os encargados de amenizar a sesión vermú. Tamén Ailá traerá a Cervo o seu último traballo discográfico, Tradimensional, un repertorio para o baile inspirado na música de transmisión oral do noso patrimonio. Aínda faltan moitas confirmacións neste apartado.
Ademais, haberá un paseo guiado de man de Guido Guía, quen ofrecerá unha experiencia única para descubrir os recunchos e a historia de Cervo. As inscricións para a actividade poden facerse a través do correo: guidoguiaturismo@gmail.com.