A IV Festa do Ovo Frito de Barreiros terá lugar no o vindeiro domingo 14
A IV Festa do Ovo Frito de San Cosme de Barreiros terá lugar no campo de fútbol do Cascabeiro o vindeiro domingo 14 de agosto.
Esta cita gastronómica celebrarase como é tradicional o día 14 co obxectivo de recadar fondos para o Celta Barreiros así como pasar unha boa noite de festa.
Dará comezo ás 19.30 horas e será posible degustar patacas fritas, un par de ovos, un chourizo, pan e bebida. A noite contará con animación musical a cargo de Son's Varadero e disco móbil Eventec.
Para asistir será necesaria a compra dun ticket no centro social de Barreiros ou aos membros da organización por un prezo de 10 euros por persoa o mesmo día e 8 euros anticipada.
A edición pre pandemia xuntou a preto de 500 persoas e este ano, se o tempo acompaña, pensan superar esa cifra gracias aos veraneantes.