A IV Carreira de Cabalos de Viveiro será o 9 e 10 de setembro
Un ano máis, Viveiro acollerá a Carreira de Cabalos Cidade de Viveiro, na que os amantes dos equinos poderán presenciar as mellores carreiras.
Este torneo vaise disputar os día 9 e 10 de setembro no campo de fútbol de Celeiro, e chega este ano a súa cuarta edición.
A xornada comezará o sábado 9 ás 10.00 horas coa final do campionato de andadura individual, e de 16.00 a 17.00 horas haberá unha exhibición de pastoreo con cans. De 17.00 a 20.00 horas será a quenda do Campionato de Andadura por equipos e ás 20.00 a entrega de premios e medallas.
Xa o domingo 10, será a proba de andadura libre con todas as súas modalidades ás 11.00 horas e ás 14.30 horas haberá un descanso para xantar. Xa pola tarde serán as carreiras de galope cruzados por alturas, andadura libre serrada de menos de 1,51 e as sub16.
Ás 19.00 horas será o galope PRG e media hora despois o PRA. Para que, acto seguido, entréguense as medallas e premios.
Haberá premios de andadura libre serrada e chapeada de menos de 1,51 metros e de máis de 1,51 metros, ao maoir número de cabezas equinas e de vacún, a andadura sub16, a galope de menos de 1,51 e de máis de 1,51. Tamén haberá trofeos para a carreira pura raza galega e pura raza árabe nacional.
Está organizado pola asociación Cabaleiros do Landro, a Federación Galega de Hípica, a Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Viveiro.
Para máis información haberá que poñerse en contacto nos teléfonos 600 968 204 ou 678 069 886.