A ITV móbil volve a Alfoz para realizar inspeccións a motos e ciclomotores

AMariñaXa
Todas as persoas interesadas na inspección poden pedir cita na páxina web www.sycitv.com ou no teléfono 982 309 000
itv_ciclomotores
Foto de arquivo
25 Maio 2024

O vindeiro 27 de maio desprazarase ata o concello de Alfoz a ITV móbil para realizar inspeccións técnicas periódicas tanto a motos como a ciclomotores. Esta unidade estará situada entre o pavillón e a piscina.

Todas as persoas interesadas na inspección poden pedir cita na páxina web www.sycitv.com ou no teléfono 982 309 000. “Conservar este servizo é moi positivo xa que nos permite aforrar en desprazamento para pasar a inspección ás nosas motos e ciclomotores, do que tamén pode servirse a veciñanza doutros concellos”, apuntou Efigenia Maseda.

0.10584306716919