A ITV agrícola estará en Ribadeo a finais de mes

AMariñaXa
Os días 7 e 8 de setembro a ITV de ciclomotores realizarase nas inmediacións do pavillón polideportivo na Avenida de Luarca. 
itv_ciclomotores
12 sep 2023

Os días 28 e 29 de setembro en Cedofeita e o 2 de outubro en Vilaframil terá lugar a inspección técnica de vehículos agrícolas.

O concelleiro de Medio Rural, Diego Dos Santos, explicou que “a Unidade Móbil da Inspección Técnica de Vehículos estará no municipio de Ribadeo os días 28 e 29 de setembro e o 2 de outubro realizando unha inspección técnica de vehículos agrícolas”.

O edil ribadense contou que “o día 28 será en Cedofeita en horario de 9 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas. E o 29 tamén en Cedofeita de 9 a 13.30 horas. Esa Unidade Móbil trasladarase o 2 de outubro a Vilaframil, onde estará 9 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas”.

Diego Dos Santos engadiu que “as citas poderán concertarse a través da web www.sycitv.com ou no teléfono 902 30 90 00. A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias”.

0.19631099700928