A ITV agrícola estará en Foz o día 27

Foz
AMariñaXa
A unidade móbil da Inspección Técnica de vehículos agrícolas desprazarase ao Concello de Foz no mes de outubro.
tractor
23 Out 2022

A unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas estará en Foz o 27 de outubro. A estación itinerante estará na área recreativa de Ferreiravella en San Martiño en horario de de 9.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas.

Para solicitar cita previa hai que chamar ao teléfono 902 309 000 ou a través da web www.sycitv.com. A organización lembra que no se pasará inspección a vehículos con carga nin a vehículos con apeiros.

0.11903500556946