A Irmandade San Caetano de Celeiro de Mariñaos organiza mañá un magosto

AMariñaXa
A Asociación cultural e veciñal Irmandade San Caetano de Celeiro de Mariñaos organiza este sábado 26 de novembro o tradicional magosto.
1 barreiros CARTEL MAGOSTO
1 barreiros CARTEL MAGOSTO
25 Nov 2022

A Asociación cultural e veciñal Irmandade San Caetano de Celeiro de Mariñaos organiza este sábado 26 de novembro o tradicional magosto. Será nas escolas de Celeiro a partir das 20.00 horas.

Esta cita gastronómica e musical donde a referencia é a castaña, haberá tamén xamón cocido, empanada e bolos con chourizo, e todo polo módico prezo de 8€ xunto coa bebida. A parte musical correrá a cargo do Cuarteto de música tradicional Xaramolo. Para anotarse facilitan desde a asociación os seguintes tfnos: 696 969 052, 699 062 010, 654 853 790.

Así mesmo desde Irmandade informan que  ese día poderase contemplar nas escolas unha exposición de fotografías antigas relacionadas con diversas temáticas da parroquia e que peretenecen ao fondo fotográfico da asociación.

CARTEL MAGOSTO barreiros
0.15779805183411