A ilustradora Alba Farto imparte un obradoiro de lettering no Valadouro

AMariñaXa
Este obradoiro está inserido no programa de dinamización de bibliotecas públicas
Alba-Farto
18 Out 2024

Alba Farto, ilustradora, impartirá no Valadouro un obradoiro de lettering, técnica tamén coñecida como rotulación, que consiste en debuxar as letras con pincel, tinta ou rotuladores e sentar así as bases para seguir practicando na casa e acabar facendo letras con soltura e creando obra propia. O lettering tamén ten o obxectivo de descubrir o desenvolvemento creativo, ademáis de favorecer a concentración e a relaxación.

Este obradoiro está inserido no programa de dinamización de bibliotecas públicas, Ler Conta Moito e está destinado a nenos e mozos de 5º e 6º de CEIP de Santa María do Valadouro e os catro cursos do IES Alfoz-Valadouro de xeito prioritario. Debuxar Letras desenvólvese o venres 25 de outubro a partir das 18:00 horas na Casa da Cultura do Concello do Valadouro e ten prazas limitadas. Deben inscribirse os interesados no teléfono 982 571 516 ou no correo cultura@valadouro.gal

0.1679699420929