A II Ruta Cabalar de Bidueira percorrerá Cervo o 13 de abril

AMariñaXa
Xornada ecuestre con música, xantar e diversión para todos os públicos
cabaleiros-bidueira
24 Mar 2025

O vindeiro domingo 13 de abril, a Asociación Cabaleiros da Bidueira organizará a segunda edición da Ruta Cabalar, un evento que reunirá afeccionados á equitación e amantes da natureza en Cervo. A xornada dará comezo ás 10:00 horas desde o Polideportivo de San Román e incluirá un percorrido a cabalo con parada para un aperitivo.

Tras a ruta, os participantes e demais asistentes poderán desfrutar dunha sesión vermú amenizada polo grupo Conxuro. O xantar celebrarase no polideportivo, con menú de paella, costela asada, sobremesa, bebida e chupito, servido por cátering Esmamar. O prezo é de 26 euros para adultos e 13 euros para nenos. A festa continuará cun baile, tamén a cargo de Conxuro.

As inscricións están abertas ata o 10 de abril. Para máis información e reservas, pódese contactar con Adrián (657256408) ou Óscar (677539285).

⚙ Configurar cookies
0.21854519844055