A II Ruta a Cabalo de Cabaleiros do Ouro percorrerá Alfoz o 26 de abril

A Asociación Cabaleiros do Ouro organiza a segunda edición da súa Ruta a Cabalo, que terá lugar o sábado 26 de abril en Alfoz. O evento reunirá afeccionados á equitación nunha xornada que combinará deporte, natureza e gastronomía.
A ruta dará comezo ás 10:00 da mañá desde o Restaurante O Frenazo e contará cun percorrido que incluirá unha parada para xantar e degustar pinchos. A participación ten un custo de 25 euros. O xantar final celebrarase ás 15:00 horas no mesmo restaurante.
A xornada estará amenizada polo DJ Balbín e haberá sorteos e agasallos para os asistentes. Un dos momentos máis esperados será o sorteo dun poldro cruce árabe, que terá lugar ao remate do evento.
As inscricións estarán abertas ata o 23 de abril e poden realizarse a través dos teléfonos 653 21 36 75 e 637 32 32 73. A organización convida a todos os amantes dos cabalos a participar nesta experiencia única en plena natureza.