A II Festa do Mexillón de Barreiros ofrecerá música en directo e racións a dez euros o 26 de xullo

AMariñaXa
O campo de fútbol de O Cascabeiro acollerá esta cita gastronómica organizada polo CF Celta de Barreiros
mexillon-galego
Foto recurso
21 Jul 2025

Barreiros acollerá o venres 26 de xullo a segunda edición da súa Festa do Mexillón, unha cita gastronómica que se celebrará no campo de fútbol de O Cascabeiro a partir das 19.00 horas. O evento está organizado polo CF Celta de Barreiros e conta coa colaboración do Concello.

Durante a xornada poderanse degustar racións de mexillóns, lacón ou menús infantís a un prezo popular de 10 euros por prato. Cada ración incluirá pan, viño e auga.

A festa estará animada con música en directo e sesión de DJ. Actuarán o grupo de folk A Taberna, o cantante José Manuel e a formación The Sound Project, que serán os encargados de poñer ritmo á celebración.

Desde a organización convidan á veciñanza e visitantes a achegarse para desfrutar dunha tarde de festa e boa comida, nunha cita pensada para todas as idades.

⚙ Configurar cookies
0.17359900474548