A II Bandeira de traíñas de veteráns Cofradía de Pescadores Porto de Celeiro celébrase este domingo
A Xunta de Galicia patrocina a II Bandeira de traíñas de veteráns Cofradía de Pescadores Porto de Celeiro, que se celebrará este domingo na praia de Covas.
A proba, que foi presentada coa asistencia da directora territorial da Consellería do Mar, Mariña Gueimunde; está organizada polo Club de Remo de Celeiro, que conta actualmente con preto de medio cento de deportistas en distintas categorías: Alevín e infantil tanto feminino como masculino, unha traíña mixta, un equipo Senior masculino e dous de veteranos mixtos.
Os organizadores pretenden promover este deporte na localidade, cunha regata de traíñas na que participarán clubs de toda Galicia. Igualmente, contribúen a fomentar a igualdade nunha modalidade tradicionalmente masculinizada, a través dos equipos femininos que tamén competirán o domingo.