A igrexa parroquial de Ribadeo acolleu o gran concerto de Reis

AMariñaXa
O acto musical gozou de gran acollida entre o público asistente
ribadeo-Foto-concerto-Reis-igrexa-parroquial
6 Jan 2025

A igrexa parroquial de Ribadeo acolleu o gran concerto de Reis. Manoele de Felisa ofreceu un repertorio composto por alalás, romances, poemas musicados e composicións propias. Posteriormente, actuou xunto á Coral Polifónica de Ribadeo e ao Coro Sagrado Corazón.

Este concerto tivo unha gran acollida entre o público asistente. Desde o Concello agradecen á parroquia Santa María do Campo a posibilidade de facer este concerto na igrexa parroquial.

A finde semana tivo como momento clave a Cabalgata de Reis con centos de persoas que encheron as rúas. Desde a Casa do Mar percorreu as Catro Rúas, Ramón González, José Vicente Pérez Martínez e San Francisco para rematar coa recepción que as súas Maxestades de Oriente ofreceron na carpa situada no parque de San Francisco. A Cabalgata contou co acompañamento musical de tambores, gaitas e batukada.

 

0.16704607009888