A hostalaría viveirense volveu manifestarse
AMariñaXa
A Asociación de Hostalaría e comercio Beiras de Viveiro convocou unha nova movilización en sinal de protesta cunha curiosa manifestación
11 Xuño 2021
A Asociación de Hostalaría e comercio Beiras de Viveiro convocou unha nova movilización onte en sinal de protesta na que romperon pratos e colgaron a roupa interior nas mesas das terrazas en simbolo de que o Goberno autonómico "deixaos en bragas".
Esta mobilización é en sinal de protesta pola difícil situación que está a atravesar o sector polos peches temporais e restricións de aforo cada vez que sobe a incidencia do covid-19.
Os hostaleiros vivarienses amosaron carteis de Se vende; Se traspasa por no poder trabajar; Gobierno traidor, nos has dejado en ropa interior ou Los hosteleros somos los únicos que pagamos los platos rotos enesta pandemia.