A hostalaría do Lourenzá acolle as xornadas gastronómicas da carne de poldro

AMariñaXa
Durante a fin de semana do 3 o 4 setembro, Lourenzá acollerá as xornadas gastronómicas de carne de poldro
xornadas poldro lourenza 1
23 Ago 2021

O vindeiro 3 e 4 de setembro nos locais de hostelería Laurentinos habrá unhas xornadas de degustación de carne de poldro en Colaboración coa Asociación de Criadores do Cabalo de Pura Raza Galega Puraga.

A carne de poldro galego 100% raza autóctona é un produto baixo en graxa, alto en proteínas e moi rico en ferro. O consumo de carne de poldro recoméndase para toda a poboación e en especial para aquelas persoas que, ben sexa pola súa situación (embarazo, anemia) ou pola súa actividade diaria (deportistas), necesiten dunha alimentación altamente nutritiva.

Todos os poldros co Selo de calidade 100% Raza Autóctona Cabalo de Pura Raza Galega críanse en liberdade nos montes galegos, o que asegura o benestar do animal. Por tanto, a carne é un produto de calidade, sostible e de produción local; que promove a continuidade de razas autóctonas e axuda a conservar o patrimonio gandeiro xeración tras xeración.

xornadas poldro lourenza
0.21310114860535