A hostalaría centra a reunión de Cajoto coa subdelegada do Goberno

Foz
AMariñaXa
O alcalde de Foz, Fran Cajoto, e o concelleiro de Relacións Institucionais, Carlos García, mantiveron unha reunión coa subdelegada do Goberno.
reunion cajoto subdelegada
5 Mar 2021

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, xunto ao concelleiro de Relacións Institucionais, Carlos García, mantiveron unha reunión de traballo coa subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez. Na reunión avanzouse en proxectos xa tratados na xuntanza que mantivo hai unas semanas o rexedor municipal co delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, e tamén falaron da falta de claridade nas normas coas novas restricións da Xunta de Galicia para a hostalaría.

“Teño que agradecer á subdelegada o seu tempo e a boa disposición que ten sempre para tratar atender as demandas que afectan a Foz. Aproveitamos este encontro para abordar varios asuntos, concretamente plantexámoslle  a falta de claridade existente nas novas normas coas restricións sanitarias publicadas no DOG con respecto aos aforos e á disposición do mobiliario nesta nova apertura da hostalaría, o que está causando moitos problemas e inconvenientes aos empresarios dun sector que xa está moi castigado. Espero de verdade que a Xunta de Galicia dea  unhas directrices claras para que todos teñamos certeza na aplicación da normativa, especialmente os empresarios e empresarias, tan importantes para o tecido económico e o emprego en Foz”, manifestou Fran Cajoto.

0.16481900215149