A historiadora Alba Díaz Geada presentará a súa investigación sobre a historia oral labrega en Barreiros

AMariñaXa
A actividade, que contará con recitado de poemas e degustación do Caldo de Gloria, forma parte da programación do Día de Rosalía no municipio
dia-rosalia-barreiros-2025
17 Feb 2025

O 22 de febreiro ás 18.00 horas no Centro Socio-cultural de San Cosme de Barreiros, a Historiadora mariñá Alba Díaz Geada compartirá nunha roda con labregos e labregas o seu traballo de investigación, no que recolleu testemuños de historia oral nos que se da conta de estratexias de sobrevivencia e solidariedade labrega.

O acto estará integrado no marco da celebración do Día de Rosalía, co recitado de poemas e degustación para as persoas asistentes do Caldo de Gloria, elaborado polo restaurante Rias Altas co produto agroecolóxico local das produtoras de Eo Alimenta.

Colaboran na actividade a Asociación de Productoras Eo Alimenta, a Área de Medio Rural da Deputación de Lugo, o Concello de Barreiros o Sindicato Labrego Galego e Através Editora.

Esta actividade súmase a unha serie de actos organizados para celebrar o Día de Rosalía no Concello de Barreiros

0.16927719116211